Máisqueauga
As áreas deportivas municipais "Máisqueauga" atópanse en dúas zonas estratéxicas de Vigo, un centro no barrio de Barreiro e outro na zona de Coia-Florida.
Os novos espazos deportivos municipais teñen moito máis que auga, ademais das dúas piscinas, unha de aprendizaxe de 12x7 metros e outra de natación de 25x12 metros, cada recinto conta cunha gran sala de cardio (máis de 650 metros cadrados), varias salas de actividades múltiples, unha sala de spinning, as dúas instalacións contan cunha zona de spa urbán onde se pode atopar cortinas de auga, chorros de masaxe, zona de contraste, sauna, baño turco, ducha de esencias, jacuzzi, fonte de xeo, camas de auga, etc... todo para poder relaxarse, “Máisqueauga” Barreiro conta ademais con pistas cubertas de pádel.
Sendo abonado de “Máisqueauga”, poderá disfrutar de ambas instalacións.
- 01/04/2012 » A partires do mes de Abril de 2012 NON se levarán a cabo NOVOS Abonos SEMESTRAIS ou ANUAIS, nin transformacións de Abonos xa inscritos
- 01/04/2012 » Dende o mes de Abril de 2012 cargaremos o importe dos servizos contratados o DÍA 1 DE CADA MES, mantendo o 24 para BAIXAS dos mesmos servizos